Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Competicións do Hattrick Arena

Hattrick Arena é un sistema de competición alternativo dentro do xogo. Ten moitos tipos diferentes de sistema: dende duelos contra outro mánager ata competicións para determinar cal é o mellor de varios equipos. Os torneos poden ser privados e personalizados coas regras que ti elixas. E recorda: seguirás podendo xogar amigables coma sempre anque tamén participes nestes torneos!

Crear ou unirse a un torneo

Hattrick Arena ten unhas opcións de creación flexibles: podes unirte a torneos creados por outros ou crear un para ti e os teus amigos usando normas personalizadas ao teu gusto.

Como creador do torneo, podes decidir numerosas cousas: nome, participantes, hora de xogo e ata regras especiais coma número de canteiráns necesarios para participar, a idade máxima ou un salario límite para os participantes.

Calquera persoa pode crear un torneo usando Créditos de Hattrick, ou de forma gratuita se é Supporter Ouro, Platino ou Diamante.

Días de encontro

Os encontros de Hattrick Arena xóganse en campo neutral e non proporcionan ningún ingreso procedente dos espectadores (nin novos socios do teu club)

Todos os torneos usan nos seus encontros os mesmos datos de partido que nos encontros normais. Por tanto, usarase o estado de forma, de habilidades, de experiencia, de lesión, etc. que teñan os teus xogadores no día do partido. Con dúas excepcións: o espírito de equipo (e a confianza) terá un valor fixo e os cartóns irán aparte. Recorda que os xogadores non recibirán entrenamento nin experiencia, nin tampouco obterás cambios na experiencia das formacións ou no espírito e a confianza.

Trofeos e Loitas de División

Tamén atoparás varios torneos oficiais en Hattrick Arena. Son creados por Hattrick e poderás participar de balde se eres invitado.

No Furor Divisional, ti e mailos teus rivais de liga podedes competir contra outros grupos da túa división. Cada ronda haberá un emparellamento ó chou contra outra dos grupos apuntados e o obxetivo é claramente ser o mellor grupo da túa división!

Hattrick organiza tamén dous competicións na pretempada. As Copas Xeracionais é un torneo onde os usuarios que comezaron máis ou menos á vez no xogo enfróntanse entre si.

O Torneo Supporter é unha competición á que están convidados tódolos actuais Supporters.

Efectos de Hattrick Arena en detalle

Todos os detalles que precisas saber sobre os encontros de hattrick Arena están nesta lista:

  • Espírito do equipo: o Espírito do equipo posúe un nivel fixo (satisfeitos) nos encontros de Hattrick Arena.
  • Confianza do equipo: a confianza posúe un nivel fixo (fantástica) nos encontros de Hattrick Arena.
  • Lesións: Non se producirán lesións nos encontros de Arena, pero calquera xogador previamente lesionado en encontro oficial non poderá xogar.
  • Cartóns (torneos propios): Os Torneos teñen a súa propia conta de cartóns, sendo completamente independente da conta do Hattrick 'normal'. Isto é, calquera cartón recibido nun encontro dun torneo só contabilizará para ese torneo. De igual xeito, poderías ter un xogador sancionado por cartón vermello no Hattrick normal e podería xogar un encontro dun torneo.
  • Cartóns (Escadas): Os cartóns non se teñen en conta nos Torneos de escada.
  • Adestramento: Os xogadores non perciben adestramento dos encontros do torneo.
  • Experiencia: O xogador non gaña ningunha experiencia por xogar os encontros do torneo.
  • Formacións: A túa actual experiencia na formación no Hattrick "normal" é usada tamén nos encontros do torneo. Nembargantes, ti non gañas experiencia na formación nos encontros do torneo.

Torneos de escada

Nunha escada o teu obxectivo é alcanzar o chanzo máis alto e converterte no "Rei da Pista". E despois permanecer aí tanto como poidas. Para chegar ao cume debes retar outros equipos situados por cima de ti para ocupar o seu lugar na escada.

Normas dos retos

A túa posición na escada decidirá a que equipos podes retar.

  • Pos 2-5: Só poden retar ó equipo na praza inmediatamente superior da escada.
  • Pos 6-11: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-2ª por enriba súa da escada, co límite da 5ª praza.
  • Pos 12-18: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-3ª por enriba súa da escada, co límite da 10ª praza.
  • Pos 19-39: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-5ª por enriba súa da escada, co límite da 16ª praza.
  • Pos 40-63: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-7ª por enriba súa da escada, co límite da 35ª praza.
  • Pos 64-99: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-10ª por enriba súa da escada, co límite da 57ª praza.
  • Pos 100-129: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-15ª por enriba súa da escada, co límite da 90ª praza.
  • Pos 130-169: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-25ª por enriba súa da escada, co límite da 115ª praza.
  • Pos 170-199: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-35ª por enriba súa da escada, co límite da 145ª praza.
  • Pos 200-249: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-50ª por enriba súa da escada, co límite da 165ª praza.
  • Pos 250-599: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-75ª por enriba súa da escada, co límite da 200ª praza.
  • Pos 600-1099: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-100ª por enriba súa da escada, co límite da 525ª praza.
  • Pos 1100-2499: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-250ª por enriba súa da escada, co límite da 1000ª praza.
  • Pos 2500-5499: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-500ª por enriba súa da escada, co límite da 2250ª praza.
  • Pos 5500+: Só poden retar ó equipo nas prazas 1ª-1000ª por enriba súa da escada, co límite da 5000ª praza.

Quen reta paga polo encontro e os equipos retados aceptarán automaticamente o desafío. O partido disputarase 24 horas despois de confirmarse o reto. Se o xogador que reta gaña o encontro devolveránselle os credits.

O posto muda despois do encontro

Se retas un equipo e lle gañas, ocuparás a súa posición. O equipo retado descende un posto (o mesmo lle ocorrerá ao resto de equipos que había na escada entre estes dous).

Exemplo: O equipo A está no posto 54 e reta a B, actualmente 47º. Se A gaña, A ocupará o posto 47 ocupado por B. B descenderá ao posto 48 e o equipo que ocupaba o 48º lugar descenderá ao 49º, o equipo que ocupaba o 49º lugar descenderá ao 50º, e así sucesivamente.

Se perdes, ambos equipos permanecerán nos seus respectivos postos.

Retar en períodos de graza

Tras un encontro onde fuches retado, non poderás recibir outro reto ata pasar 12 horas (desde o comezo dese encontro). Isto é, terás un período de graza que che permitirá a ti ser o que retes para poder subir na escada.

Despois dun partido retado por ti, non podes retar a outro equipo ata pasadas 12 horas (desde o inicio do anterior encontro). Isto dálle a outros de equipos a oportunidade de retarte. E tamén prevén de situacións onde, por exemplo, B sempre rete inmediatamente a A, facendo imposible que C o poida retar a él para tentar ocupar a súa posición.

 
Server 070